Co este #RefuObradoiro aprendemos que reciclar sobras de comida ten un resultado espectacular. Restos de polo ao forno poden reciclarse facendo unha empanada de polo, un sobrante de xudías poden encontrar un novo sabor nunha ensalada rusa, sobrantes de coliflor encontran unha nova vida nunha crema e restos de bertorella recíclanse facilmente nun pastel de peixe. E se sobrou biscoito, podemos facer un pudin.
Neste obradoiro aprendemos a importancia de pensar e planificar na cociña. E se sobra comida hai que gardala ben e cun pouco de creatividade podemos elaborar novos pratos riquísimos.
Grazas a Teresa Cabarcos Ramil, por aportarnos tantas ideas e formas de reciclar na cociña, quedamos con gañas de máis. E grazas á Asociación de Veciños das Campeiras pola vosa acollida e colaboración.
Somos conscientes que os olores e sobre todo os sabores deste sábado, non se poden expresar en imaxes
Autor: RTV Eume – Concello das Pontes
+INFORMACIÓN en auladareciclaxe.es
A “ECOEscola As Campeiras” (As Pontes, A Coruña), é un centro de educación ambiental en prol da cultura da reciclaxe e da concienciación cidadá sobre a xestión dos refugallos domésticos e urbanos.
Archivado en: restaurantes Tagged: comer en restaurante, comida, restaurantes http://ift.tt/2m4fpCv
via WordPress http://ift.tt/2m4fpCv
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Gracias por dejar tu comentario en: Los mejores sitios para comer delicioso.
Espero regreses pronto.