Buscar

lunes, 27 de febrero de 2017

EcoObradoiro “Reciclando na cociña”

Reportaxe do EcoObradoiro “Reciclando na cociña” impartido por Teresa Cabarcos, cociñeira do Restaurante Casa Teresa. Este ecoObradoiro foi realizado dentro da Campaña de Concienciación Socio-Ambiental sobre os residuos domésticos e urbanos #Rqu3R do Concello de As Pontes.

Co este #RefuObradoiro aprendemos que reciclar sobras de comida ten un resultado espectacular. Restos de polo ao forno poden reciclarse facendo unha empanada de polo, un sobrante de xudías poden encontrar un novo sabor nunha ensalada rusa, sobrantes de coliflor encontran unha nova vida nunha crema e restos de bertorella recíclanse facilmente nun pastel de peixe. E se sobrou biscoito, podemos facer un pudin.

Neste obradoiro aprendemos a importancia de pensar e planificar na cociña. E se sobra comida hai que gardala ben e cun pouco de creatividade podemos elaborar novos pratos riquísimos.

Grazas a Teresa Cabarcos Ramil, por aportarnos tantas ideas e formas de reciclar na cociña, quedamos con gañas de máis. E grazas á Asociación de Veciños das Campeiras pola vosa acollida e colaboración.

Somos conscientes que os olores e sobre todo os sabores deste sábado, non se poden expresar en imaxes 😋

Autor: RTV Eume – Concello das Pontes

+INFORMACIÓN en auladareciclaxe.es

A “ECOEscola As Campeiras” (As Pontes, A Coruña), é un centro de educación ambiental en prol da cultura da reciclaxe e da concienciación cidadá sobre a xestión dos refugallos domésticos e urbanos.


Archivado en: restaurantes Tagged: comer en restaurante, comida, restaurantes http://ift.tt/2m4fpCv

via WordPress http://ift.tt/2m4fpCv

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Gracias por dejar tu comentario en: Los mejores sitios para comer delicioso.
Espero regreses pronto.